Unha vez mais xuntámonos uns cantos “tolos” da andaina e da natureza o pasado domingo ás 8 da mañá en Ferreira rumbo a unha fermosa ruta de sendeirismo con intención de disfrutar da boa compaña e dunha tremenda comida de esas que te recompoñen. Esta vez fomos 18, o lugar Boal e a “pócima máxica” un delicioso pote asturiano.
Sempre dicimos, medio en serio medio en broma, que a nosa é unha asociación sendeirísta-gastronómica-cultural, esta ruta é un bo exemplo deso, explícovos por qué:
a ruta era unha variante, made in paso miúdo (mais curta e en sentido contrario para facela asequible para todos), da ruta dos Castros de Boal en Asturias, que, a parte dos 13 km de marabillosa paisaxe outonal chea de árbores de folla caduca, tamén nos topamos con restos arqueolóxicos datados en varios séculos antes de Cristo. A parte gastronómica estivo presente durante toda a ruta, pois, a demais dos queiques a base de ovos da casa e froitos secos co que nos agasallou unha das novas incorporacións, a natureza tamén nos foi ofrecendo os froitos vermellos das madroñas e castañas das que fomos dando boa conta.
De todo sacamos un montón de fotos que compartimos a través do perfil de Paso Miúdo.
Uns dos restos arqueolóxicos que están situados na ruta son os Túmulos de Penácaros. Un túmulo é un montículo artificial de rochas que protexen un enterramento dos primeiros poboadores destas terras, mais concretamente é un monumento funerario prehistórico de uso xeneralizado durante o Neolítico e a Idade de Bronce.
A medio camiño visitamos o Castro de Pendia. Escavado en 1941 a fundación do poboado data da Idade de Ferro (séculos IV-I a.C.) que seguiu ocupado despois da súa romanización ata o século II d.C.
Por mais que nos acostumamos a ver este tipo de construcións por moitos dos nosos montes sempre impresiona andar entre os muros que protexeron do inverno aos nosos ancestros e subir os mesmo chanzos que subiron xeracións tras xeracións e século tras século ata chegar a nos inda intactos ó paso do tempo. A peculiaridade deste asentamento son as dúas saunas coa bóveda case intacta que nun principio se pensou que tamén estaban relacionadas cos enterramentos ou algún tipo de costume funerario.
Mágoa que a posibilidade de coñecer alguén que nacese uns mil anos atrás e nos conte como era a vida cotián dos poboadores dos castros sexa so o argumento dunha boa novela e so poidamos mirar, imaxinar e sacar fotos.
Por iso, conscientes da sorte de acompañar a andaina de coñecementos, agradecemos sempre tanto a presenza amigable e sabedora dalgúns dos nosos membros que nos van instruíndo nos nomes das árbores, en que época dan froito, que cogomelos son comestibles e cales non, como diferencialos, que para plantar un castiñeiro hai que enterrar a castaña do medio e non as dos lados do erizo…
O único suceso que nubrou o noso día de sendeirismo foi a caída de un de nos, precisamente a reposteira da que falei mais arriba e que uns km atrás compartira con todos o froito da súa cociña, logo de esvarar e torcer un pe tivemos que despedila. Por sorte sempre atopa un boa xente no comiño e na vida e unha veciña dunha aldea próxima acercouna co seu coche particular ata onde o autobús a puido auxiliar. Esperamos que pronto se recupere e nos acompañe nas próximas rutas en canto se sinta ben.
A parte deste suceso a cerca da ruta solo cabe destacar os riachos crecidos, case ríos, que cruzamos e incluso tiramos de capacidades construtivas e improvisamos pontes. En fin, unha aventura mais de domingo de ruta.
A comida foi tan espectacular que merece unha mención a parte. No restaurante “o Prado” servíronnos un pote asturiano e unha sopa de marisco de primeiro que case nos choran os ollos, logo carne de vitela e año asado e para rematar doces caseiros tan apetitosos que era case imposible elixir.
So falta dicir unha cousa, vémonos na próxima!
Elena Fernández
martes, 20 de noviembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)